Política de Cookies

Esta páxina explica que se garda no teu dispositivo cando visitas Bandit Tickets, quen o garda e para que, en cumprimento do artigo 22.2 da Lei 34/2002 (LSSI) e do Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD).

Que é unha cookie

Unha cookie é un pequeno ficheiro que unha web garda no teu navegador para recoñecer o teu equipo en visitas posteriores. Aquí chamámoslles «cookies» tamén a outras formas de gardar información no teu dispositivo, como o almacenamento local do navegador, porque a lei trátaas igual.

Como decides ti

A primeira vez que entras preguntámosche. Podes aceptalas todas, rexeitalas todas ou escoller por categorías, e as dúas opcións teñen exactamente o mesmo peso: rexeitar é tan doado como aceptar e non te penaliza en nada. Se rexeitas, a compra funciona igual.

Podes cambiar de idea cando queiras desde a ligazón «Configurar cookies» que hai no pé de todas as páxinas. Gardamos a túa elección durante un ano como máximo; pasado ese prazo volvemos preguntarche.

Cookies necesarias

Son imprescindibles para que a web funcione e para lembrar o que respondes ao aviso de cookies. Non se poden desactivar e non requiren o teu consentimento, porque sen elas non poderiamos prestarche o servizo que nos pides. Son todas nosas.

NomePara que serveDuración
bandit_consentGarda que categorías de cookies aceptaches ou rexeitaches.1 ano
cc_cookieRexistra que xa respondiches ao aviso, para non volver preguntarche en cada páxina.6 meses

O teu carriño e os datos que escribes durante a compra non se gardan no teu dispositivo: viven na memoria da páxina mentres a tes aberta e desaparecen ao pechala ou ao completar o pagamento.

Cookies de análise e de márketing: ponas o organizador

Bandit Tickets é unha plataforma de venda: quen vende a entrada e organiza o concerto é o organizador do evento, e é el quen decide se quere medir as visitas á páxina do seu evento ou o resultado das súas campañas de publicidade. Por iso estas cookies non son iguais en toda a web: dependen do evento que esteas a mirar e pode que en moitos non haxa ningunha.

Nada disto se activa se non o aceptas. Se o aceptas, na páxina dun evento cuxo organizador os teña configurados poden cargarse:

CategoríaProvedorCookies habituaisDuración
AnáliseGoogle Analytics 4 (Google Ireland Ltd.)_ga, _ga_*Ata 2 anos
MárketingMeta Pixel (Meta Platforms Ireland Ltd.)_fbp, _fbcAta 3 meses
MárketingGoogle Tag Manager (Google Ireland Ltd.)As que cargue o contedor do organizadorVariable

Google Tag Manager é un contedor: non mide nada por si mesmo, senón que carga as etiquetas que o organizador metese dentro. Como non podemos saber de antemán cales son, tratámolo sempre como márketing, que é a categoría máis estrita.

Medición sen cookies (Conversions API)

Hai unha forma de medir que non usa cookies e que convén que coñezas: cando completas unha compra, o organizador pode recibir a confirmación directamente desde os nosos servidores, incluíndo o teu enderezo de correo cifrado (non en claro), para saber que o seu anuncio rematou nunha venda. É a Conversions API de Meta.

Non hai ningunha cookie polo medio, así que ningún bloqueador do navegador pode paralo. Por iso o atamos á túa elección igual que ás cookies: se rexeitas o márketing, ese envío non se produce. É unha decisión nosa, non unha obriga técnica.

Quen trata os teus datos

Das cookies necesarias respondemos nós. Das de análise e márketing responde o organizador do evento, que é quen decide para que as quere; nós limitámonos a inserilas na súa páxina cando ti o autorizas. Google e Meta tratan eses datos pola súa conta como responsables, coas súas propias políticas:

Isto pode implicar transferencias de datos fóra do Espazo Económico Europeo, amparadas nas garantías que cada provedor declara nas súas condicións.

Outras formas de bloquealas

Ademais da ligazón «Configurar cookies», o teu navegador permíteche bloquear ou borrar cookies desde a súa configuración de privacidade. Ten en conta que se bloqueas tamén as necesarias, é posible que non poidas completar unha compra.

Os teus dereitos

Podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade, e retirar o teu consentimento en calquera momento, nos termos da nosa política de privacidade. Tamén podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos.

Cambios nesta política

Se cambian as categorías ou o que cobre cada unha, volveremos preguntarche: a túa resposta anterior deixaría de ser unha resposta á mesma pregunta.