Paga co teu Bono Cultural Joven

Bandit Tickets é unha entidade adherida ao programa Bono Cultural Joven do Ministerio de Cultura. Se tes o bono, podes usalo para mercar as túas entradas de concertos e festivais aquí.

Que é o Bono Cultural Joven?

É unha axuda de 400 € do Goberno de España para que as persoas mozas que cumpren 18 anos gocen da cultura. Do total, 200 € están reservados para artes en vivo: concertos, festivais, teatro ou danza. O bono recíbese como unha tarxeta prepagamento virtual que funciona coma calquera outra tarxeta.

Consulta os requisitos e solicita o teu na web oficial do programa.

Como pagar co bono en Bandit Tickets

  1. Solicita o teu bono na web oficial e activa a túa tarxeta virtual coa app de Correos Prepago.
  2. Escolle o teu concerto ou festival en Bandit Tickets e engade as túas entradas.
  3. No momento do pagamento, introduce os datos da túa tarxeta do Bono Cultural Joven coma se fose unha tarxeta bancaria normal.
  4. Recibirás as túas entradas ao instante no teu correo electrónico.

A ter en conta

  • O pagamento realízase contra o moedeiro de artes en vivo do teu bono (200 €). Se o importe total da compra supera o teu saldo dispoñible, o pagamento será rexeitado: comproba o teu saldo na app antes de mercar.
  • Como entidade adherida, debemos verificar a identidade da persoa beneficiaria do bono, polo que poderemos solicitarche o teu DNI ou NIE durante a compra.
  • Se un evento se cancela, a devolución realízase sempre á propia tarxeta do bono, recuperando así o teu saldo.
  • Toda a información oficial do programa está en bonoculturajoven.gob.es